Toda proba deportiva desenvolta no medio natural ten o deber de preservar o percorrido antes da proba, durante e ao finalizar a mesma.
A Costa da Morte goza de espazos catalogados de especial protección. Pertence á Rede Natura 2000 e goza de protección LIC (Lugares de Importancia Comunitaria) e ZEPA (Zonas de Especial Protección para as Aves). Zonas LIC son Costa da Morte e Carnota – Monte Pindo e zonas ZEPA, Costa da Morte (Norte). Por suposto, estas zonas gozarán de especial protección por parte da Organización e tomaranse medidas para a súa preservación.
As aves empregan a Costa da Morte como ruta de migración entre Europa e América. Goza de estuarios onde se poden admirar cantidade de aves dende diferentes miradoiros. A Lagoa de Traba e o Anllóns coa súa desembocadura son zonas de gran riqueza en canto a número de especies avistadas.
Outra zona de gran importancia é Baldaio; lagoa e marisma na que habitan multitude de especies de aves ao longo do ano. Do mesmo xeito que en diferentes zonas da Costa da Morte, existen observatorios desde os que contemplar a fauna no seu hábitat sen molestarlles.
En cada etapa dispoñeranse medidas para coidar do medio ambiente que incluirán medidas sancionadoras en caso de non cumprirse, a descualificación entre elas. Seremos moi extrictos neste tema porque amamos a nosa terra e queremos ter máis edicións deste ou outros eventos.
Medidas como non dispoñer de vasos nos avituallamientos, disposición de contedores en zonas habilitadas, marca de xeles de cada participante, revisión do percorrido unha vez celebrado o evento e outras servirán para manter o noso compromiso co medio ambiente.
Dispoñeranse doutras medidas como non realizar necesidades fisiolóxicas en acuíferos, non realizar campo a través, … para evitar a deterioración e non molestar á fauna.
A organización e persoal voluntario gozarán da formación necesaria para preservar o medio ambiente e velarán en todo momento polo riguroso cumprimento das normas para ter en conta.
Se queremos preservar o medio e seguir gozando del debemos de cumprir escrupulosamente as normas que se marquen polo ben de todos e, especialmente, pola supervivencia de eventos outdoor.