Seguridade

En toda proba deportiva a seguridade é un dos alicerces máis importantes a ter en conta de fronte ao éxito da mesma.

A Organización dispoñerá dun plan de seguridade coa finalidade de emendar calquera incidencia que se poida producir durante a proba.

Dispoñeremos de seguro de responsabilidade civil e seguro de accidentes con amplas coberturas.

Teremos ambulancias medicalizadas con persoal cualificado ao longo de cada etapa para facer fronte a calquera continxencia.

Ademais dispoñerase de servizo de fisioterapia e podoloxía para atenderche en caso de necesidade.

Contarase coa estimable colaboración das agrupacións locais de Protección Civil que estarán dispersos en cada etapa para salvagardar a túa integridade física.

A seguridade en zonas urbanas e cruces de estrada estará coordinado coa autoridade competente (Policía Local ou Dirección Xeral de Tráfico).

Contaremos cun equipo de voluntarios que virán con ganas de axudar e emendar calquera incidencia que poida xurdirche.

Por último permítenos lembrarche que a seguridade é unha cousa de todos. Lembrarche que ti como participante tamén formas parte do dispositivo de seguridade. Tomando conciencia das normas básicas de seguridade persoal no medio natural e cumprindo o regulamento en canto a material obrigatorio e como actuar en situacións de emerxencia minimizaremos os riscos e todos gozaremos do evento. ¡Axúdanos a conseguilo!.



¿Amas a natureza?.
¿Practicas o trail running?.

¿Gustaríache coñecer toda unha comarca con moita historia, paisaxes de ilusión, pobos mariñeiros, praias perdidas, cantís de vertixe, boa gastronomía e xentes amables; mentres practicas o teu deporte favorito?.

¡Inscríbete agora!


Corredores Acompañantes Voluntarios