A organización dispoñerá de transporte incluído dentro da inscrición PREMIUM.
Desde que chegues ao aeroporto ou estación de tren da Coruña ou Santiago de Compostela o 13 de setembro ata que regreses ao aeroporto ou estación de tren o 21 de setembro poderás dispoñer de servizo de transporte para os teus desprazamentos entre os aloxamentos, etapas e locais das ceas.
Cada día, recolleravos no aloxamento e levaravos á zona de saída da etapa.
Ao finalizar a etapa levarásevos aos aloxamentos.
O transporte servirá para levarvos aos locais das ceas e volta aos aloxamentos.
Os acompañantes que adquirisen a inscrición PREMIUM tamén terán dereito ao transporte ao comezo de cada etapa, ao final das mesmas e aos locais onde se realizarán as ceas con volta aos aloxamentos.
Este servizo só estará dispoñible para corredores e acompañantes que adquiran a inscrición PREMIUM.
Rógase puntualidade para evitar atrasos nos horarios previstos.
Doutra banda aqueles que así o prefiran poderán alugar pola súa conta vehículos nos aeroportos ou estacións de tren. Isto dará maior liberdade.