O evento

O Grand Trail Costa da Morte é unha proba de trail running de longa distancia dividida en dúas modalidades: 7 etapas e 3 etapas.

Ultras hai moitas e queremos facer algo totálmente diferente. Dende fai un tempo existen as probas por etapas. Fai anos naceron as míticas Marathon des Sables, Transalpine Run, El Cruce Columbia, Everest Trail Race e outras. En España esta modalidade chegou fai escasos anos e probas como Riaño Trail Run, Ultra Trail Sanabria by Stages, TrasHumanTrail, Eurafrica Trail, Half MDS Fuerteventura, 3 Días Ibiza Trail, Pyrenees Stage Run, Al Andalus Ultimate Trail, Volcano Ultra Marathon, … son fontes de inspiración para o noso proxecto.

Os seus costes e loxística desaniman, en moitos casos, a participación e a súa organización. Un proxecto destas características escapa ó deportivo e para o seu éxito o apoio de institucións, locais, provinciais e rexionais así como da cidadanía da comarca de influencia e do texido empresarial será fundamental para poñer A Costa da Morte nos circuitos do chamado turismo deportivo.

Entendemos que A Costa da Morte é un lugar privilexiado para celebrar un evento destas características e é por iso que nos embarcamos neste proxecto para mostrarvos as excelencias destas terras.

Queremos que disfrutedes deste deporte que tanto nos apaixona sen descuidar en ningún intre os servizos que debe de ter un evento deste calibre. Para elo presentamos dous paquetes segundo as vosas necesidades.

A participación está aberta a practicantes de trail running do mundo, tendo cabida tanto participantes locais como de calquer parte do globo terráqueo.

Queremos crear dende o primeiro intre un ambiente familiar e de camaradería entre todos os membros do evento. Por elo invitámosvos a participar das ceas de cada etapa. Nelas celebrarase o briefing de cada etapa, mostraranse imaxes de cada día e, o mais importante, conocerémosnos entre todos e partillaremos intres inesquecibles.

De vital importancia será o que a organización reciba feedback diario de vós, os protagonistas. Toda mellora que aporte valor ó evento será tida en conta para a súa análise inmediata ou posterior.

Serán 3 ou 7 etapas con dificultades, sensacións e paisaxes diferentes. Toda unha experiencia que poderás disfrutar de maneira individual ou en equipos de 2 persoas.

A túa familia poderate acompañar. Será o momento de devolver o esforzo que os seres queridos fan mentras preparas unha proba ou saes a competir.

O recorrido unirá rutas existentes que vertebran a Costa da Morte. Pistas forestais, sendeiros, montes, praias, aldeas e pobos mariñeiros conforman un recorrido atractivo para todo deportista amante da natureza.

Para minimizar os posibles riscos inherentes a calquer deporte outdoor, dende a Organización velaremos pola seguridade. Será unha máxima que require de compromiso por ambas partes pero que irá en beneficio dos participantes.

A proba poderá ser seguida a través de internet. Vosos familiares e amigos poderán saber en cada intreo vosa ubicación e clasificación a medida que avanzades.

As tardes serán para disfrutar coas vosas familias; facer un pouco de turismo, descansar, confraternizar,…

Este evento é de e para toda a Costa da Morte. Contaremos con empresas da zona para atender os servizos precisos deste evento. Queremos que este evento sexa unha fonte dinamizadora na comarca.

En definitiva, si queres disfrutar de teu deporte durante 3 ou 7 días mentras descubres un fermoso territorio descoñecido na compaña dos teus seres queridos, mentras coñeces a outros participantes, éste é o reto que che propoñemos.

Dámosche a benvida e esperámosche cos brazos abertos.



¿Amas a natureza?.
¿Practicas o trail running?.

¿Gustaríache coñecer toda unha comarca con moita historia, paisaxes de ilusión, pobos mariñeiros, praias perdidas, cantís de vertixe, boa gastronomía e xentes amables; mentres practicas o teu deporte favorito?.

¡Inscríbete agora!


Corredores Acompañantes Voluntarios