A Costa da Morte dispón ao longo das súas poboacións dun longo número de aloxamentos. Hoteis, pensións, albergues e casas de turismo rural conforman unha variada oferta que será do agrado de todo tipo de participante.
Na edición do ano 2018 a idea da Organización foi crear dúas áreas de aloxamento: Cabana de Bergantiños-Laxe para as primeiras etapas e Cee-Fisterra para as últimas etapas. Analizado o resultado e atendendo aos comentarios de participantes, acompañantes e voluntarios cremos conveniente cambiar este apartado.
Por iso, para este ano os aloxamentos que establecerá a Organización se elixes a inscrición PREMIUMserán establecidos en cada localidade fin de etapa, segundo dispoñibilidade. Con esta decisión aforrarémosche desprazamentos e facilitaremos o teu descanso e recuperación. Tamén incentivará o que coñezas as poboacións de paso e goces dos servizos que ofrecen. A intención da Organización é que sintas como na túa propia casa.
Con esta medida, a parte de comodidade, queremos incentivar a interacción entre os propios participantes e acompañantes. Queremos crear unha gran familia que compartan a súa experiencia.
O servizo de aloxamento incluirá o almorzo.
O aloxamento poderá ser en cuarto dobre, triplo ou mesmo con capacidade para 4 ou 6 persoas.
Incluirá as noites do 13 ao 20 de setembro de 2019.
Se te acolles á inscrición BASICA deberás de ter en conta estas indicacións para poder organizarche da mellor maneira posible o teu aloxamento.