¿Uneste?

Cada proba deportiva para saír adiante necesita de persoal que atenda os diferentes servizos dos que consta. Desde que o corredor e acompañantes son recolleitos no aeroporto ou a estación de tren necesita duns servizos personalizados que os atendan e consíntanos coma se estivesen na súa propia casa.

Animar, atender, hablar y analizar
Animar, atender, falar e analizar

Na Grand Trail Costa da Morte isto querémolo facer da maneira máis profesional posible. É o noso desexo o reunir un grupo de xente que dea soporte ao evento durante o tempo de duración do mesmo (13 ao 21 de setembro de 2019).

A Organización atenderá as necesidades dos voluntarios en canto a aloxamento, manutención, vestimenta e desprazamento.

Atender y recuperar para el día siguiente
Atender e recuperar para o día seguinte

Os servizos que se pretenden cubrir son:

  1. Entrega de dorsais e bolsa do corredor.
  2. Preparación e atención de *avituallamientos.
  3. Tradución e acompañamento.
  4. Balizaxe e desbalizaxe dos percorridos.
  5. Control da proba.
  6. Montaxe e desmontaxe das etapas.
  7. Atención sanitaria (Técnico de Emerxencias Sanitarias, Médicos, Fisioterapeutas, Podólogos, …).
  8. Protocolo.
  9. Prevención en puntos de risco.
  10. Fotografía e vídeo.
  11. Outros.

Todos os voluntarios recibirán a formación adecuada a cada posto en xornadas que se irán planificando nos meses anteriores ao evento.

Compartir conocimientos y disfrutar de la experiencia
Compartir coñecementos e disfrutar da experiencia

Se tes a formación necesaria para poder desenvolver algunha das tarefas, dispoñibilidade e estás interesado en participar nun gran evento deportivo na Costa da Morte envíanos un correo a info@gtcm.run  e explícanos porqué queres participar e qué podes achegar.

¡Moitas grazas pola túa colaboración!



¿Amas a natureza?.
¿Practicas o trail running?.

¿Gustaríache coñecer toda unha comarca con moita historia, paisaxes de ilusión, pobos mariñeiros, praias perdidas, cantís de vertixe, boa gastronomía e xentes amables; mentres practicas o teu deporte favorito?.

¡Inscríbete agora!


Corredores Acompañantes Voluntarios