GTCM Clasificatoria para UTMB

Probas cualificativas para o UTMB

O pasado 24 de xaneiro recibimos a confirmación oficial por parte da Organización do UTMB de que as dúas modalidades do Grand Trail Costa da Morte serán probas cualificativas este 2019.

Os puntos adxudicados ás nosas probas son:

  • GTCM 3 ETAPAS: 3 puntos.
  • GTCM 7 ETAPAS: 4 puntos.

Esperamos que esta noticia incentive unha maior participación e que contemos coa vosa presenza na Costa da Morte.