Somos membros da ITRA
O pasado mes de decembro de 2018 demos un paso máis e adherímonos á ITRA (International Trail Running Association).
Nacida en xullo de 2013, ten por obxectivo dar voz aos actores do trail running para promover os seus fortes valores, a súa diversidade, a seguridade das carreiras e a saúde dos corredores, de contribuír ao desenvolvemento do trail running e facilitar o diálogo coas institucións nacionais ou internacionais interesadas por este deporte.
Desde a Organización do GTCM cremos nos valores do trail running, na súa diversidade, preocupámonos pola saúde dos seus practicantes e queremos contribuír ao seu desenvolvemento e crecemento.
Enviados a avaliar os nosos percorridos, o pasado 22 de xaneiro recibimos a avaliación da ITRA. Dita avaliación é o paso que antecede a pedir o ser proba calificatoria para UTMB, onde todo o mundo quere estar polo menos unha vez na vida.