GTCM®

Xa somos marca rexistrada

Grand Trail Costa da Morte, despois de tramitalo hai tempo xa é unha marca rexistrada. Dende agora acompañaranos a marca ® ao noso nome.

Era un dos obxectivos marcados dende o inicio do proxecto. Crear unha marca que nos de maior credibilidade para ir crecendo paso a paso ata facerse un oco no duro e competitivo mundo das carreiras de trail running. Coas vosas achegas e axuda seguro que o logramos.

Dende agora somos acredores de dereitos e obrigacións.