UTCM® 1ª edición 2018

No ano 2016 un grupo de amigos, practicantes de diferentes modalidades deportivas no marco da natureza, decidiu embarcarse nun proxecto que deu como froito o Ultra Trail Costa da Morte celebrado entre o 15 e o 21 do pasado mes de setembro de 2018.

A ese grupo de amigos uniuse máis xente para apoiar un proxecto que todos entendemos que é precioso e que desexa achegar valor á Costa da Morte.

Este proxecto baséase en varias premisas:

  • Percorrido nun marco espectacular.
  • Atención próxima a participantes e acompañantes.
  • Coñecer como se vive o trail running noutras partes do planeta.
  • Compartir momentos inesquecibles.
  • Gozar da gastronomía e cultura da zona.
  • Dinamizar as poboacións polas que discorre o evento.

Neste tempo aprendemos e maduramos. Todos crecemos e sabemos que o proxecto entre mans é grandioso e cun crecemento a varios anos espectacular. Se somos capaces de aglutinar os apoios necesarios cremos que temos un proxecto de primeira magnitude.

Estamos no período de dar a coñecer o noso proxecto paso a paso. A idea é crecer aos poucos con cabeza e tendo os pés no chan.

Sabemos que as probas por etapas son difíciles de organizar e de atraer á participación, pero iso non fará que *cejemos no noso empeño.

Este ano cambiamos de nome e pasamos a denominar a proba Grand Trail Costa da Morte. Queremos crear nosa propia marca e facernos un oco no cada vez máis competitivo e crecente mundo do trail running e, especialmente, das probas por etapas.

No ano 2018 vivímolo como se pode ver no vídeo. ¿Quéreste unir ao noso proxecto?. ¿A que esperas para enrolarte?.