Fitur 2019

FITUR 2019

Entre os días 23 e 27 de xaneiro tivo lugar no IFEMA de Madrid unha nova edición da Feira Internacional do Turismo. Feira catalogada como a máis importante do sector turístico a nivel mundial e que cada ano crece en canto a calidade e número de expositores.

A Costa da Morte en FITUR 2019
A Costa da Morte en FITUR 2019

O Presidente da A.D. Costa da Morte Outdoor Sports, Miguel Bernárdez, visitou os días 23 e 24 a Feira. Durante a súa estancia coñeceu diferentes eventos que se celebran en España, apoiou a presentación de produtos turísticos da Costa da Morte, coñeceu produtos e servizos que puidesen ter cabida no marco dos eventos deportivos e deu a coñecer o Grand Trail Costa da Morte.

O material promocional enviado á Feira foron flyers en idiomas inglés e castelán así como buffs.

Buff y flyer promocional GTCM 2019
Buff y flyer promocional GTCM 2019

Queremos agradecer a atención dispensada polo Departamento de Turismo da Deputación Provincial da Coruña. Agradecer a Xosé Regueira e o seu equipo de traballo o que puidésemos estar presentes.