¿Cómo elexir túa carreira?

Aquí iranse poñendo as vosas dúbidas máis frecuentes e a resposta da Organización a medida que vaian xurdindo.


¿QUE E GRAND TRAIL COSTA DA MORTE?

É unha proba de trail running de longa distancia en réxime de autosuficiencia que percorre A Costa da Morte. Ten dúas modalidades: 100 kms en 3 etapas ou 265 kms en 7 etapas.


¿CANDO SE CELEBRA?

Entre o 14 e o 20 de setembro de 2019.


¿ONDE PODO VER O REGULAMENTO?

Accedendo á seguinte ligazón ou desde o menú CARREIRAS.


¿ONDE PODO INSCRIBIRME?

Se queres inscribirche como corredor accede á seguinte ligazón ou desde o menú CORREDORES.


¿PODEN ACOMPAÑARME FAMILIARES E/OU AMIGOS?

¡Por suposto!. Estaremos encantados de que veñas cos teus familiares e amigos a vivir este evento. Teremos actividades dispostas para eles.

Para inscribir a familiares e amigos poderás facelo a través da seguinte ligazón ou dentro do menú ACOMPAÑANTES.


¿CANDO E A ENTREGA DE DORSAIS?

Realizarase a tarde-noite do 13 de setembro de 2019 en lugar e hora a confirmar.

Aproveitaremos para realizar a presentación do evento e informar dos datos máis importantes do día a día.


¿PODO PARTICIPAR SI NON LEVO O MATERIAL OBRIGATORIO?

Non. O material obrigatorio está pensado para previr calquera situación que poida sufrir o participante ao longo da competición.

Baixo ningún concepto permitirase a participación de ningún corredor sen todo o material obrigatorio esixido no REGULAMENTO.


NON QUERO CORRER TODAS AS ETAPAS, ¿PODO PARTICIPAR NAS ETAPAS QUE EU QUERA?

Nun principio non. Esta medida poderá ser modificada segundo a evolución das inscricións.


¿HABERA PREMIOS MONETARIOS?

Non.


¿AS CEAS SON OBRIGATORIAS?

Non son obrigatorias pero si recomendables. Desde a Organización pretendemos que no evento impere a camaradería e participantes e amigos ou familiares compartan momentos e experiencias.

As ceas servirán para comentar a etapa do día, ver imaxes do día, coñecer as aventuras de participantes doutras latitudes, dar a coñecer á Organización as vosas inquietudes e queixas, realizar o briefing da etapa do día seguinte, convivir, ….


¿E OBRIGATORIO O ENVIAR O CERTIFICADO MEDICO?

O certificado médico será só obrigatorio para os participantes do GTCM 7 ETAPAS.

Os participantes do GTCM 3 ETAPAS non teñen a obrigatoriedade de enviar certificado médico.

Con todo, participes en GTCM 3 ETAPAS ou en GTCM 7 ETAPAS, desde a Organización recomendamos o que todos os participantes realicen un certificado médico antes desta proba para valorar o seu estado de saúde.


¿EXISTIRA TRASLADO DE MALETAS ENTRE AS ETAPAS?

Si. Cada etapa, antes de saír, depositaredes nun lugar da saída as vosas maletas para que sexan trasladadas polos voluntarios á localidade fin de etapa.

Ao chegar a meta disporedes das vosas maletas.


¿HAI POSIBILIDADE DE ALUGAR UN COCHE PARA OS MEUS DESPRAZAMENTOS?

Desde a Organización facilitarase o contacto con empresas de aluguer de vehículos atendendo ás necesidades de cada participante.

A Organización non fará ningunha xestión de aluguer de vehículos entre participante e empresa de aluguer.


¿HABERA SERVIZO MEDICO NO PERCORRIDO?

O evento dispoñerá de servizo médico e ambulancias para atender as posibles incidencias derivadas no evento.


¿PODO SER VOLUNTARIO DO EVENTO?

¡Claro que si!. Entra no apartado correspondente do menú VOLUNTARIOS e cóntanos en que nos podes axudar para mellorar o evento.


¿PUNTUA PARA O ULTRA TRAIL DO MONTBLANC (UTMB)?

Si. A GTCM 3 ETAPAS foi valorada con 3 puntos e a GTCM 7 ETAPAS con 4 puntos pola ITRA e o Grand Trail Costa da Morte foi aceptada pola Organización do UTMB como proba calificatoria 2019.




¿Amas a natureza?.
¿Practicas o trail running?.

¿Gustaríache coñecer toda unha comarca con moita historia, paisaxes de ilusión, pobos mariñeiros, praias perdidas, cantís de vertixe, boa gastronomía e xentes amables; mentres practicas o teu deporte favorito?.

¡Inscríbete agora!


Corredores Acompañantes Voluntarios